Anastasia non sobreviviu…

A xenómica é o conxunto de ciencias e técnicas dedicadas ao estudo dos xenomas.  A genómica usa coñecementos derivados de distintas ciencias como son: bioloxía molecular, bioquímica, informática, estatística, matemáticas, física, etc.
As ciencias genómicas tiveron un
importante auxe nos últimos anos, sobre todo grazas ás tecnoloxías avanzadas de secuenciación de ADN, aos avances en bioinformática, e ás técnicas cada vez máis sofisticadas para realizar análise de xenomas completos. O desenvolvemento da genómica contribuíu ao avance de distintos campos da ciencia, entre eles o da identificación de individuos e a elaboración de árbores xenealóxicas.


Recentemente en 2009, demostrouse empregando polimorfismos STR, ADN  mitocondrial e análise do cromosoma Y que tódolos fillos do zar Nicolás morreron durante a revolución.

 

1) Por que se usa ADN mitocondrial na identificación dalgúns individuos?

2) Que  son os STR?

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado , , | Deixa un comentario

Que pasou dende o Big Bang?

        Os exoplanetas están, por definición, fóra do noso sistema solar. Dado o gran número de galaxias existentes e o gran número de estrelas que conteñen, a busca destes exoplanetas ou planetas extrasolares, é interminable. E ademais, non é fácil detectalos:  están moi lonxe de nós, non producen luz e a estrela ao redor do cal xiran, céganos. Como atopar planeta solar extra, millóns de veces máis distante que Plutón, se non podemos velo? 

    Os métodos máis exitosos para a detección de exoplanetas son os de medición de velocidades radiais e astrometría, que utilizan o efecto Doppler e a teoría de centro de masas como mecanismos principais na localización. Para explicalo en termos sinxelos, os planetas non orbitan exactamente ao redor da estrela, como adoita crerse, senón que tanto a estrela como todos os planetas orbitan ao redor dun punto central que se denomina centro de masas. O que sucede é que a estrela adoita ser tan masiva en relación cos planetas (o noso Sol representa o 99% da masa do sistema solar, deixando un 1% para todos os planetas e demais obxectos xuntos) que o centro de masa adoita estar situado moi preto da estrela, dando a impresión de que todos os planetas viran ao redor dela.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A orixe do Universo

  A teoría do big Bang é aceptada na actualidade para explicar a orixe do universo


Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario