PROXECTO “Stop and Help. Que o lixo non chegue ao mar”

O alumnado de 3º ESO do IES Antón Losada Diéguez participou no proxecto “Stop and Help. Que o lixo non chegue ao mar” impulsado polo Colexio de Biólogos de Galicia e materializado nunha serie de xornadas de limpeza de lixo mariño en diferentes areais de varios dos concellos atravesados polo Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Galicia.

Cos restos recollidos ese día, e en semanas anteriores, realizarase unha intervención artística final que será exposta no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia; os artistas Carmen Hermo e Antón Sobral serán os autores da obra.   Grazas a tod@s!

PRAIA NIGRÁNPRAIA NIGRÁN lavozdegaliciaPodes ver máis imaxes AQUÍ

 

Esta entrada foi publicada en ESTUDANTES, MEDIO AMBIENTE. Garda o enlace permanente.