CIENCIA CIDADÁ (I): CONTAMINACIÓN AMBIENTAL

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía do IES Antón Losada Diéguez vai vai participar nun proxecto  organizado pola fundación IBERCIVIS, que promove a implicación da cidadanía na investigación científica, xunto coa FCYT -Ministerio de Ciencia e Innovación e o IPE-CSIC. Neste caso, medirase o grao de contaminación atmosférica cultivando unha planta de fresa en cada domicilio familiar; cando, pasados uns meses, se analicen as mostras enviadas ao laboratorio, teranse datos fidedignos da concentración de certos contaminantes e elaborarase un mapa que irá complementando aos realizados en anos anteriores.

Os outros centros galegos implicados están en Tui e Pontevedra.OP

Resumo proxectoIMG-20201007-WA0001

Esta entrada foi publicada en ESTUDANTES, MEDIO AMBIENTE. Garda o enlace permanente.