Os xenes contan de onde vimos…

Nos últimos 15 anos aproximadamente, os antropólogos moleculares estiveron a comparar o ADN de humanos provenientes de rexións diversas co fin de producir árbores evolutivas. As mutacións acontecen no noso ADN a unha taxa regular e a miúdo son pasadas aos nosos descendentes. A nivel do xenotipo, estas diferenzas (ou polimorfismos) fannos únicos. A análise destas diferenzas mostra canto estamos emparentados. Non obstante, os diferentes métodos usados polos antropólogos físicos e moleculares produciron puntos de vista opostos sobre como os humanos modernos puideron evolucionar a partir dos nosos antecesores arcaicos:

Teoría multirrexional.–  Os humanos modernos evolucionaron de homínidos temperáns en diferentes partes do mundo

Orixe único africano.- Esta hipótese propón que os humanos modernos evolucionaron só unha vez en Africa fan 100 a 200 mil anos. En consecuencia os humanos modernos colonizaron o resto do mundo sen mesturarse xeneticamente coas formas arcaicas. Esta hipótese está apoiada pola maioría da evidencia xenética.


Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.