Visitar unha vivenda bioclimática

 Preto de Pontedeume pódese visitar unha vivenda bioclimática.

A Fundación Sotavento Galicia iniciou en agosto de 2008 a construción dunha vivenda bioclimática no Parque Eólico Experimental Sotavento en Momán-Xermade (Lugo). Este proxecto pretende mostrar como o deseño arquitectónico baseado nas condicións climáticas e a integración das edificacións na contorna permiten alcanzar o máximo confort térmico, reducindo os consumos de enerxía e impactos ambientais. Despois de dous anos de traballo, a primeira vivenda bioclimática de Galicia xa pode ser visitada.

    O aforro de enerxía e o uso  enerxías renovables evita emisións de gases con efecto invernadoiro que poidan contribuir ao cambio climático. O eficaz aillamento da vivenda  optimiza os fluxos enerxéticos, rexeitando a calor no verán e captándoo no inverno, optimizando así o aforro enerxético e evitando perdas.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar e etiquetada . Garda o enlace permanente.