Datación coas árbores

    A dendrocronoloxía é unha técnica de datación que se basea no crecemento das árbores. Cada ano, o o grosor dunha árbore aumenta engadindo un novo anel, que se ven ao cortar transversalmente calquera árbore. Un anel, un ano: cada ano crece un novo anel.                     

Pero non todos os aneis son iguais. Hainos grosos e hainos finos xa que o crecemento do anel depende da pluviosidade, da temperatura, dos nutrientes no solo, …

Cada ano ocorre unha cousa distinta, e iso reflíctese no anel correspondente. Estúdanse as pautas, a secuencia, para cada zona, e por comparación con outros podemos saber a data dun xacemento.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta