Cambio climático nos océanos

É moi probable que o quentamento global teña serios efectos sobre os océanos. Sabemos que o dióxido de carbono  se disolve máis fácilmente en auga fría que en auga quente, polo que, de entrada, un quentamento xeral diminuirá a capacidade do océano para captar dióxido de carbono da atmosfera e favorecerá o efecto invernadoiro. O aumento de temperaturas tamén aumentará o fluxo de auga doce nos océanos en latitudes altas, os modelos suxiren que isto se debe ao aumento de chuvias en latitudes medias e altas e o desxeo dos casquetes polares. Ademais as temperaturas cálidas provocan a expansión da auga, o que, unido coa auga do desxeo, orixinaría un aumento do nivel do mar que provocará serias inundacións.



Esta entrada foi publicada en Sen categorizar e etiquetada , . Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta