HERBARIO I.E.S. LOSADA DIÉGUEZ

Herbario-ranúnculo Herbario-Bromus Herbario-codeso Herbario-digital Herbario-fumaria Herbario-sabugueiro Herbario-trébol blanco Herbario-trébol rosa

Publicado en ESTUDANTES, Imaxes | Deixa un comentario

A FLORA DA ESTRADA

Ficha toxo

Publicado en MEDIO AMBIENTE | Deixa un comentario

CLASES SEN FUME 2015-2016

1bb  1ºB

Clases den fume 1ºA (9)Clases den fume 1ºA (11)Clases den fume 1ºA (6)Clases den fume 1ºA (13)Clases den fume 1ºA (8)Clases den fume 1ºA (10)

Clases den fume 1ºA (16)Clases den fume 1ºA (12)Clases den fume 1ºA (7)Clases den fume 1ºA (15)Clases den fume 1ºA (17)Clases den fume 1ºA (14)Clases den fume 1ºA (5)Clases den fume 1ºA (4)Clases den fume 1ºA (3)



Clases den fume 1ºA (1)Clases den fume 1ºA (2)

Publicado en ESTUDANTES | Deixa un comentario

Facendo cristais (I)

Os alumnos de 1º ESO prepamos disolucións de  sulfato de cobre e cloruro de sodio para estudar a cristalización dos minerais a partir de substancias disoltas. Despois das vacacións de Nadal, este foi o resultado:


Publicado en ESTUDANTES | Deixa un comentario

Facendo cristais (II)

Así nos quedaron os cristais de halita:

 

Publicado en ESTUDANTES | Deixa un comentario

Alumnos de 1º ESO traballan en Meteoroloxía

Os alumnos de 1º ESO do IES Antón Losada Diéguez comezan o próximo luns un traballo de campo para investigar a relación entre algunhas variables meteorolóxicas e a predición do tempo.

Organizados en grupos e cos aparellos de medición preparados, sairán tódolos días ao seu envexable xardín a tomar os datos que precisan. Haberá que esperar a Nadal para coñecer o resultados da súa investigación…

 

Publicado en METEOROLOXÍA | Deixa un comentario

Os xenes contan de onde vimos…

Nos últimos 15 anos aproximadamente, os antropólogos moleculares estiveron a comparar o ADN de humanos provenientes de rexións diversas co fin de producir árbores evolutivas. As mutacións acontecen no noso ADN a unha taxa regular e a miúdo son pasadas aos nosos descendentes. A nivel do xenotipo, estas diferenzas (ou polimorfismos) fannos únicos. A análise destas diferenzas mostra canto estamos emparentados. Non obstante, os diferentes métodos usados polos antropólogos físicos e moleculares produciron puntos de vista opostos sobre como os humanos modernos puideron evolucionar a partir dos nosos antecesores arcaicos:

Teoría multirrexional.–  Os humanos modernos evolucionaron de homínidos temperáns en diferentes partes do mundo

Orixe único africano.- Esta hipótese propón que os humanos modernos evolucionaron só unha vez en Africa fan 100 a 200 mil anos. En consecuencia os humanos modernos colonizaron o resto do mundo sen mesturarse xeneticamente coas formas arcaicas. Esta hipótese está apoiada pola maioría da evidencia xenética.


Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Visitar unha vivenda bioclimática

 Preto de Pontedeume pódese visitar unha vivenda bioclimática.

A Fundación Sotavento Galicia iniciou en agosto de 2008 a construción dunha vivenda bioclimática no Parque Eólico Experimental Sotavento en Momán-Xermade (Lugo). Este proxecto pretende mostrar como o deseño arquitectónico baseado nas condicións climáticas e a integración das edificacións na contorna permiten alcanzar o máximo confort térmico, reducindo os consumos de enerxía e impactos ambientais. Despois de dous anos de traballo, a primeira vivenda bioclimática de Galicia xa pode ser visitada.

    O aforro de enerxía e o uso  enerxías renovables evita emisións de gases con efecto invernadoiro que poidan contribuir ao cambio climático. O eficaz aillamento da vivenda  optimiza os fluxos enerxéticos, rexeitando a calor no verán e captándoo no inverno, optimizando así o aforro enerxético e evitando perdas.

Publicado en Sen categorizar | Etiquetado | Deixa un comentario

Datación coas árbores

    A dendrocronoloxía é unha técnica de datación que se basea no crecemento das árbores. Cada ano, o o grosor dunha árbore aumenta engadindo un novo anel, que se ven ao cortar transversalmente calquera árbore. Un anel, un ano: cada ano crece un novo anel.                     

Pero non todos os aneis son iguais. Hainos grosos e hainos finos xa que o crecemento do anel depende da pluviosidade, da temperatura, dos nutrientes no solo, …

Cada ano ocorre unha cousa distinta, e iso reflíctese no anel correspondente. Estúdanse as pautas, a secuencia, para cada zona, e por comparación con outros podemos saber a data dun xacemento.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Cambio climático nos océanos

É moi probable que o quentamento global teña serios efectos sobre os océanos. Sabemos que o dióxido de carbono  se disolve máis fácilmente en auga fría que en auga quente, polo que, de entrada, un quentamento xeral diminuirá a capacidade do océano para captar dióxido de carbono da atmosfera e favorecerá o efecto invernadoiro. O aumento de temperaturas tamén aumentará o fluxo de auga doce nos océanos en latitudes altas, os modelos suxiren que isto se debe ao aumento de chuvias en latitudes medias e altas e o desxeo dos casquetes polares. Ademais as temperaturas cálidas provocan a expansión da auga, o que, unido coa auga do desxeo, orixinaría un aumento do nivel do mar que provocará serias inundacións.



Publicado en Sen categorizar | Etiquetado , | Deixa un comentario